SOMOS “AULA DESAFÍO”

Un proxecto que aborda e afronta os retos educativos actuais.

Somos un equipo multidisciplinar comprometido coa innovación educativa, composto principalmente por psicólogos, profesores, educadores e técnicos en diversos campos da tecnoloxía.

O noso obxectivo é que o alumnado, tanto nenos como adultos, adquira coñecementos e habilidades con metodoloxías, ferramentas e materiais de ensino innovadores e baseados na tecnoloxía.

A robótica educativa, a programación e a intelixencia artificial son o foco da nosa atención mentres tentamos guiar os nenos de hoxe no seu uso responsable destas tecnoloxías, así como na adquisición de habilidades e competencias clave para o mundo actual.

O NOSO EQUIPO

Somos un equipo multidisciplinar comprometido coa innovación educativa, composto principalmente por psicólogos, profesores, educadores e técnicos en diversos campos da tecnoloxía.

Jorge Penabad

Jorge Penabad

Fundador e Director

Psicólogo especializado en Educación. A súa área de especialización é a neuroeducación e a súa aplicación nas aulas, contidos e ferramentas de ensino.

Leticia Pose

Leticia Pose

Docente

Mestra con 5 anos de experiencia impartindo actividades e cursos de robótica educativa, unha suma que a converte na persoa ideal para o desenvolvemento das nosas actividades na academia de Lugo.

PARA MÁiS INFORMACIÓN

ENDEREZO

Santiago de Compostela (A Coruña)
Praza Augas Férreas, 12, 27002 Lugo (Lugo)

CONTACTO

698 126 840
hola@auladesafio.com

SERVIZOS DESTACADOS

Subscríbete e recibe as nosas novas